Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela reclama o arranxo de “beirarrúas intransitables”

RR_Noticias

A asociación de Veciños da parroquia demanda novamente que se acometan as obras de arranxo dunhas beirarrúas que segundo denuncian “están nunha situación lamentable” con tramos que se atopan “rotos, levantados, con buracos, sen baldosas…,ou simplemente sen rematar, como e o caso dos tramos entre Rio Frío ata o acceso a Trasmañó e dende a fonte do Ouro ata o límite con Vigo”. Aseguran que esta situación está poñendo en perigo a integridade física dos veciños e usuarios e dificulta, aínda máis, o desprazamento das persoas con mobilidade reducida.

O colectivo veciñal entende que dado o deterioro xeral que presentan as beirarrúas da parroquia sería necesario acometer unha actuación integral que garanta o seu arranxo. Unha situación que dificulta o paso de todos os veciños pero que dificulta especialmente a aquelas persoas que dependen dunha cadeira de rodas para a súa mobilidade. Neste sentido apunta a experiencia dunha veciña que durante meses tivo que desprazarse en cadeira de rodas “tendo que sortear todo tipo de obstáculos, árbores, sinais de tráfico, farois ademais dos desperfectos que presentan as beirarrúas”. Convida aos responsables municipais a que experimentes esta situación porque “so entón comprobaran que a única forma de desprazarse por Chapela e circulando pola estrada, sorteando os coches”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará