Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O arquitecto Fernando Sampil cesa como presidente da Asociación de Empresarios

RR_Noticias

O colectivo empresarial abre o luns o prazo de presentación de candidaturas para relevar no cargo ao que foi presidente durante os últimos dous anos. Sampil da por pechada esta etapa “con luces e sombras” logo de que na asemblea celebrada o pasado 20 de xaneiro non acadase os apoios suficientes para renovar a Xunta Directiva e seguir así ao fronte da Asociación. As eleccións están convocadas para o día 16 de febreiro.

O que foi durante os últimos dous anos a cara visible dos empresarios de Redondela, Fernando Sampil, cesa no seu cargo. A decisión adoptouse na asamblea celebrada o pasado 20 de xaneiro na que os asociados non aceptaron a proposta de Sampil de incorporar novos vogais a unha xunta directiva que se quedara “en mínimos” tras o abandono dalgúns dos seus integrantes por motivos diversos.
Sampil explicou que a decisión de non volver presentarse é firme “pasou a miña etapa” e preferiu non afondar nos motivos que o levan a cesar no cargo.
Ábrese agora un período de presentación de candidaturas que rematará o vindeiro martes 16 de febreiro coa celebracións das eleccións da que sairá a nova xunta directiva da Asociación de empresarios. Unha presidencia que non quedará vacante porque hai xa movementos entre os asociados para presentar un equipo que lidere unha nova etapa ao fronte do colectivo empresarial.
Fernando Sampil accedera a presidencia da Asociación logo de que o seu antecesor no cargo, José Antonio Gómez, presentase a súa renuncia a raíz do polémico proxecto de urbanización de Canabal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará