Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle unha charla informativa sobre a acuicultura organizada polas confrarías da Ría

RR_Noticias

As confrarías San Juan de Redondela, Virxe do Carme Arcade e Pedras de Oliveira de Vilaboa organizan este venres día 5 ás 19:00 horas unha charla coloquio na que diferentes expertos analizarán con mirada crítica o anteproxecto da nova lei de acuicultura promovida pola Xunta. Os organizadores convidan aos veciños a achegarse para coñecer un problema que afecta directamente a mariscadores e mariñeiros pero que de xeito indirecto afecta a toda a cidadanía.

“Non a privatización do noso mar, contra a nova lei de acuicultura” é o título da charla coloquio que se desenvolverá mañá no Multiúsos e que contará coa intervención da bióloga Sira Pereira Cividanes, o mariñeiro Francisco Iglesias e o abogado Alberto Muñoz.
O certo é que a decisión da Xunta de paralizar a anteproxecto de lei logo do rexeitamento unánime atopado no sector, así como nas propias filas do PP, non evita que as confrarías sigan coas súas mobilizacións e cos seus actos informativos. Insisten en que a lei que manexa o goberno galego “vai en contra do sector artesanal e en defensa das grandes industrias de acuicultura” motivo polo que non van consentir que se aprobe esa normativa. “Non é suficiente a decisión do presidente da Xunta de paralizar o proxecto, nós o que queremos é que o retire e que nos sentemos todos os representantes a negociar unha nova lei”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará