Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chegan ao Multiúsos “Os contos que non che contaron” con Paula Carballeira

RR_Noticias

Baixo o título “Os contos que non che contaron”, Paula Carballeira presentaranos historias e contos que nos achegan á literatura oral, a expresión máis auténtica da cultura popular en lingua galega. Unha actividade enmarcada dentro do programa Lareta que organiza Normalización Lingüística este sábado ás 20:00 horas no Multiusos.

Licenciada en Filoloxía Hispánica, e con estudos de lingua portuguesa e de especialización en arte dramática, dende 1994 traballa como narradora oral e ten participado en programacións culturais e festivais de oralidade de España, Portugal, Brasil e Chile. Na súa faceta como actriz está vencellada ao grupo de teatro Berrobambán e tamén traballa en series de ficción para televisión. Ademais ten desenvolvido diversos cursos e obradoiros de oralidade e animación á lectura. O prezo da entrada xeral é de 5 € e da reducida 3 € (para persoas desempregadas, xubiladas, estudantes e menores de 18 anos). A programación é recomendada para maiores de 16 anos e o comezo das funcións é ás 20.00 h, no Auditorio da Xunqueira. A venda de entradas anticipadas farase dende dous días antes a cada función no multiúsos da Xunqueira, e dúas horas antes ao comezo do espectáculo na propia billeteira.  

Paula Carballeira actriz
Unha revisión humorística tamén dos contos tradicionais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará