Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tatán presenta o seu “Chapeu” no Multiúsos da Xunqueira

RR_Noticias

Titiriteiro, actor e músico Eduardo Rodríguez Cunha máis coñecido como Tatán, estará rodeado de amigos no concerto presentación do seu primeiro traballo en solitario este venres ás 21:00 horas. Doce cancións e doce historias recollidas no disco Chapeu nas que con voz rota vai facendo un percorrido por estilos diversos: o jazz, blues, swing ou mesmo habaneiras.

Unha andaina musical que arrancou nos anos 90 con Eigualdeixa, e que prolongou co proxecto infantil María Fumaça e con CoraSons, espazo no que coincidiu con Pablo Vidal, quen forma parte indispensable deste traballo do mesmo xeito que Uxia, madriña do disco. Xunto a eles moitas outras colaboracións como Carlos Blanco, Chus Domínguez, Ana Domínguez, Blanca Francés, Felipe Castro, Noli Torres ou o tamén redondelán Alberto Vilas quen estarán mañá no concerto presentación do disco no que Tatán contará de novo con todos eses amigos que fixeron posible a gravación deste traballo. O público, que practicamente xa esgotou as entradas en venda anticipada, gozará con Amores por terra unha habaneira que fala do amor, do mar e dos mariñeiros, coa música cabaré de Tic-tac, co toque italiano e divertido de A Nonna ou coa homenaxe a Toquinho e Vinicius de Moraes de Mutua de decesos, un tema que pecha o disco en colaboración con Carlos Blanco. “Fotografías teatrais, o mundo que máis coñezo e co que camiño a miña vida. Un mundo carregado de amizades que me invitan a cantar e aos que admiro e cós que compartín a loucura de crear este proxecto. Xente da música, xente do teatro. xente dos títeres…· así describe Tatán este disco que se pode adquirir en varios locais de Redondela (O Cafe da Vila, Libreria a Carambola e a Disco Tasca) no Cafe Saspi do Porriño e en Merlin e Familia en Santiago de Compostela.  

Eduardo Rodríguez Cunha Tatán
Fálanos dun disco variado e cargado de historias
Rodeado de amigos
"Amadriñado" por Uxia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará