Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de baile tradicional e pilates no Viso

RR_Noticias

A Sociedade Cultural do Viso oferta novos cursos para o mes de febreiro orientados a nenos e adultos. Para informarse e inscribirse os interesados poden contactar no teléfono  656 938 058. Tamén poden facer a súa consulta a través do correo electrónico acsmviso@gmail.com.

Os sábados pola maña ofrécese un curso de baile tradicional para nenos e nenas coa finalidade de difundir a cultura tradicional a través dos seus bailes e paralelamente, ofrecer una actividade física divertida para os cativos. Impartirase na Sociedade de agricultores do Viso e está dirixida por Marcelo Dobode. O curso ten un custe mensual de 15 euros e está previsto que arranque o vindeiro 6 de febreiro.
Para os adultos ofrécese un curso de pilates os martes e os xoves pola tarde. A asistencia pode ser un ou os dous días, segundo conveña aos interesados.
Para informarse e inscribirse pódese contactar no teléfono  680 828 566.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará