Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de Davide Salvado no Multiúsos da Xunqueira

RR_Noticias

O auditorio acolle unha nova edición do ciclo da Rede de músicas soltas que organiza a Central Folque en colaboración co concello de Redondela. A primeira das actuación será este sábado ás 21:00 horas co música Davide Salvado quen presentará o seu último traballo, o disco Lobos. Prezo da entrada 5 euros.

Terceira edición deste ciclo que achega a música popular galega a Redondela. Unha actuación especial dun dos novos valores xa consolidados do folque galego, o cantante marinense Davide Salvado acompañado cunha banda de excepción: Santi Cribeiro ao acordeón, Pablo Dalama ao saxo e frautas e Carlos Freire á percusión. Presentará o seu último disco Lobos, producido por Pedro Pascual. Antes do concerto Davide estará na parroquia de Saxamonde ás 17 horas para parolar cos presentes. Será no Centro cultural Chan das Pipas. Davide Salvado é unha das voces máis representativas da Galiza con reminiscencias do canto tradicional aderezado con outros xéneros urbanos modernos.  Formouse no daquela Conservatorio de Música Tradicional e Folque en Lalín da man de Ugia Pedreira e Guadi Galego e a partir de aí foi buscando a súa propia identidade, mamando xeitos propios das cantadoras do país, tesouro patrimonial da nosa música das que recolleu repertorios, adornos e estilo. Lobos está composto de 10 temas cheos de amor pola tradición, por Galiza, pola súa lingua e as súas xentes. Os lobos inspiran este disco como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Está feito dende o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é. E dende esa enerxía local a súa música transfórmase nun son global. LOBOS, está producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), e colaboran músicos do talle de Xavi Lozano (Coetus), Quim Farinha (Berrogüetto), Miguel Hiroshi ou LAR Legido (Sumrra), entre outros.  

Davide Salvado músico
Presenta o seu último disco Lobos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará