Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello pon en marcha a sede electrónica para axilizar e facilitar trámites

RR_Noticias

Poderanse levar a cabo ata 30 xestións diferentes de xeito telemático e sen necesidade de desprazarse ao Concello. Para acceder a este servizo xa operativo só hai que entrar no enderezo redondela.sedelectronica.es e contar co DNI electrónico para xestionar cuestións tales como a solicitude de padrón, licencias urbanísticas ou tramitación de facturas. O alcalde Javier Bas salienta que esta “ferramenta serve para achegar a administración aos cidadáns”. O novo servizo telemático complétase co portal de transparencia no que se recolle toda a documentación que xera o propio concello.

Ver o estado dos tributos, solicitar o padrón municipal, descargar instancias para concorrer a calquera tipo de axuda ou subvención municipal, solicitar unha licenza urbanística ou, no caso das empresas, enviar facturas ao concello. Estes son tan só algún dos 30 trámites que a día de hoxe xa se poden facer sen necesidade de desprazarse ao concello a través dunha nova ferramenta que ven de poñer en marcha o concello de Redondela: a sede electrónica.  “Un paso importantísimo na modernización do concello recollendo as inquedanzas dos cidadáns e dos propios traballadores” segundo explicaba o alcalde, quen engadía que Redondela convértese así “nun municipio moderno, axil e transparente” ao poder acceder os veciños a todas as ordenanzas e acordos que se adoptan dende a administración. Unha modernización levada a cabo pola empresa EsPublico, quen xa xestionou este servizo en 500 concellos de toda Galicia. Fernanda Jover, encargada do proxecto explicaba os trámites que debe seguir o cidadáns para acceder a sede electrónica a través ben da propia pa´xina web do concello ou directamente no enderezo redondela.sedelectronica.es. O usuario precisará iso si, dun certificado dixital Jover confía en que sexan moitos os que accedan a ese sistema “en canto os veciños comproben o doado de acceder a estes trámites a través de internet así como a comodidade de facelo dende a súa propia casa e sen necesidade de desprazarse non dubidarán en empregalo”. Insistía ademais na seguridade desta ferramenta. O concelleiro de Novas tecnoloxías, Xabir Alonso lembra que o sistema telemático convivirá co procedemento tradicional pero insiste nos beneficios das novas tecnoloxías “que permiten aforrar tempo e diñeiro aos cidadáns e a propia administración”.  

Javier Bas alcalde
Unha sede electrónica xa operativa
Un municipio moderno e transparente
Permitirá ser máis axil ante os trámites dos cidadáns
Fernanda Jover empresa EsPublica
Explica como se traballa na sede electrónica
Elevado uso
O principal é dalo a coñecer
Xabier Alonso concelleiro de Novas tecnoloxías
Unha ferramenta que permite aforrar tempo e diñeiro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará