Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O proxecto Redondela2020 e a Área Metropolitana centran o primeiro pleno do ano

RR_Noticias

O Concello acolle este martes día 12 unha sesión plenaria extraordinaria na que se abordarán dúas cuestións de relevancia para o noso municipio. Por unha banda, o proxecto de desenvolvemento que se presentará á Unión Europea co obxecto de captar fondos do programa Feder por valor de case seis millóns de euros. Tamén se abordará a aprobación dun documento conxunto no que se establezan as liñas de participación de Redondela na futura área metropolitana. O pleno celebrarase ás 14:00 horas.

A mediados do pasado mes de novembro publicouse a convocatoria das axudas para a posta en marcha de Estratexias de Desenvolvemento Sustentable que concede a Unión Europea a través do fondo Feder. Redondela, como concello de menos de 50.000 habitantes, podería optar a preto de seis millóns de euros. O trece de xaneiro remata o prazo para a presentación dos proxectos, e ante a inminencia desa data, mañá martes o pleno do concello abordará o documento que baixo o nome Redondela 2020 recolle as liñas xerais que se financiarían no noso concello no caso de obter dita achega económica.  O alcalde Javier Bas explicaba que “non se trata de actuacións concretas como si se recollían no Plan Marisma ou no Marisma Máis senón unha estratexia de investimentos que serviría para mellorar cuestións tales como a comunicación entre as parroquias ou a creación de emprego a través do  fomento das industrias culturais”. Bas asegura ter “boas sensacións de que nos concedan eses cartos porque estamos avalados polo bo funcionamentos dos proxectos anteriores”. Un debate que se prolongará co documento en torno á Área Metropolitana que tamén se leva mañá a pleno ante a proximidade da posta en marcha ou modificación deste ente supramunicipal. Os populares presentan un documento que segundo explica Bas pretende fuxir de intereses partidistas e ser a aposta que dende o concello se faga conxuntamente”co obxectivo de velar polos  intereses dos veciños de Redondela como membros da Área Metropolitana e o papel que o noso concello debería xogar dentro de dito organismo”. Un organismo cuxa posta en marcha debería ser inminente pero cuxa realidade dependerá sobre todo “da vontade do Concello de Vigo e da propia Xunta”.  

Javier Bas alcalde
Un pleno de urxencia para aprobar o proxecto Redondela2020
Boas sensacións
Bas confía en lograr os case seis millóns de euros da Unión Europea
Área Metropolitana
Un documento conxunto que fuxa de partidismos
Posta en marcha
Necesario que Xunta e Vigo cheguen a acordos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará