Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O actor Federico Pérez estará no auditorio da Xunqueira… “porque ten que haber de todo”

RR_Noticias

O seu monólogo abre o Festival Lareata 2016. Unha excelente ocasión para sorrir e ver en acción ao home que da vida aos televisivos Moncho, da serie Era Visto!, ou Josito, de Padre Casares. A cita é mañá sábado, ás 20 horas.

Co monólogo “Federico Pérez está neste mundo… porque tiña que haber de todo”, o actor abre este sábado o ciclo de monólogos do Festival Lareata 2016. Unha excelente ocasión para sorrir e deixarse levar polas súas historias, cargadas de retranca. Un monólogo no que achega anécdotas da súa propia vida, e outras máis propias da ficción. Unha excelente ocasión para ver en acción ao home que da vida aos televisivos Moncho, da serie Era Visto!, ou Josito, de Padre Casares. A cita é mañá sábado, ás 20 horas. Fede Pérez recoñece que tamén hai algo deses personaxes no monólogo, que tamén forman parte do xeito de entender a vida dos galegos, aínda que advirte que non será co seu vestiario habitual, por unha cuestión de seguridade, xa non sería sensato “aparecer en Redondela cun chándal do Deportivo da Coruña”. A cita é mañá sábado, ás 20.00 horas no multiusos da Xunqueira, dentro do ciclo organizado polo Servizo de Normalización Lingüística. Logo será a quenda de Paula Carballeira, o día 23, con “Os contos que non che contaron”. A última actuación será a do trío formado por Pedro Brandariz, Isabel Risco e Fran Rei con “Falar sen cancelas”, o día 20. A entrada xeral custa 5 euros, e 3 euros a entrada reducida para persoas desempregadas, xubiladas e estudantes.  

Federico Pérez actor
O seu monólogo ten partes autobiográficas e outras que son ficción.
Personaxes televisivos
Moncho de Era Visto! ou Josito de Padre Casares tamén forman parte da vagaxe do actor.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará