Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo pavillón da Marisma abre as súas portas co festival deportivo e solidario do grupo Casa Paco

RR_Noticias

Unha cita deportiva con encontros entre os distintos equipos do Grupo Casa Paco pero tamén solidaria, xa que haberá recollida de alimentos, tapóns e xoguetes a favor de diferentes colectivos e asociacións. Unha cita que non se perderán xogadores redondeláns que iniciaron a súa andaina no grupo Cas Paco e que lograron facer carreira profesional en diferentes equipos de ámbito estatal e internacional como Iago Bouzón, Mateo, Caloi, Yerai ou Pablo Couñago. A cita hoxe mércores a partir das 16:00 horas.

A novo pavillón de Redondela acolle hoxe mércores a partir das 16:00 horas e ata as 20:00 horas a tradicional Festa de Nadal do Grupo Casa Paco. A principal actividade ser´na os encontros entre os distintos equipos do grupo que compiten este ano na Federación galega de Fútbol Sala (dous minis, dous prebenxamíns e un benxamín). Haberá tamén un torneo de precisión e durante toda a tarde recolleranse alimentos a favor de Cáritas, tapóns para a Asociación Andaina e xoguetes para Juan Rodríguez Montoya. Espera ademais a visita de xogadores redondeláns como Iago Bouzón, Mateo, Caloi, Yeray e Pablo Couñago a un evento que quere servir tamén de homenaxe a todas as nais do grupo que desinteresadamente colaboran para o bo funcionamento do club. Un novo pavillón que malia albergar diferentes citas deportivas vivirá a súa xornada de inauguración oficial o sábado 2 de xaneiro,xornada na que se desenvolverán numerosas actividades deportivas, pola mañá coas categorías inferiores dos clubs de Redondela e pola tarde cun torneo triangular senior de balonmán feminino, no que participará a SAR e o Balomán Chapela, equipos que competen na División de Prata Feminina. A elas sumarase un invitado de luxo, o Balonmán Porriño, un dos dous representantes galegos na División de Honra de Balonmán Feminino.  

Manuel Conde Grupo CP 81
Fálanos do festival de nadal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará