Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividades de Nadal para nenos en Pousadouro

RR_Noticias

O obradoiro de emprego, Redondela Emprega Xove organiza un campamento de Nadal que se desenvolverá en horario de mañá os días 22 e 23 de decembro e o 4 e 5 de xaneiro. A actividade, completamente de balde, está orientada a rapaces de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos de idade e desenvolverase de 9:00 a 13:00 no Centro municipal do Pousadouro en Reboreda.

O alumnado do obradoiro de emprego será o encargado de conducir as actividades previstas para os catro días de campamento. Así o luns día 22 os nenos participarán dun obradoiro de manualidades no que poderán elaborar as seus propios agasallo e adornos de Nadal. Na xornada seguinte está previsto que participan nun simulacro de festa de fin de ano.
Xa no mes de xaneiro as actividades previstas centraranse nun obradoiro de xogos tradicionais e populares para que descubran xogos como a buxaina ou a corda e no último gozarán de xogos variados.
Para participar é preciso escribir un correo solicitando praza ao correo obradoirotempolibre@redondela.es. As prazas repartiranse por rigorosa orde de solicitude cun máximo de 36 nenos/as por día (12 para cada tramo de idade). A continuación enviarase unha folla de inscrición que o solicitan recibirá no seu correo electrónico e que deberá devolver unha vez cuberta ao enderezo do obradoiro ou entregala na recepción do Multiusos de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará