Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marcos Montes: “Estou satisfeito coa situación do equipo, pero aínda queda moita liga”

RR_Noticias

O adestrador do Choco afirma que está a vivir “un reto” como técnico na Terceira División. Fai un balance positivo da temporada, cando ocupan a quinta praza do grupo, pero agora só pensa no Rápido de Bouzas, o seu próximo rival.

Para Montes o obxectivo do club é claro, acadar canto antes “os 42 ou 45 puntos que lle garantan a salvación”. Advirte que os resultados da pasada temporada foron “excepcionais” o moi difíciles de repetir para un equipo modesto como o de Redondela. Con todo, non descarta que unha vez acadado o obxectivo da permanencia se poida pensar noutras meta. Fai un balance positivo das 17 xornadas desta liga na que se estrea como técnico en Terceira División, e amósase satisfeito do rendemento dos seus xogadores. Pero para el adestrar ao Choco segue a ser “un reto”, e insiste en que o traballo debe ser constante porque queda aínda moita competición por diante. A súa preocupación agora é o Rápido de Bouzas, o seu próximo rival, un equipo duro situado unha posición por riba dos redondeláns. A iso súmase un terreo de xogo difícil e o vento, que pode ser prexudicial tamén en Bouzas. O encontro será o domingo ás 17.00 horas.  

Marcos Montes adestrador do C.D. Choco
O adestrador recoñece que para el é un reto dirixir ao Choco.
Balance positivo
Montes fai un balance moi positivo do que levamos de temporada.
Rápido de Bouzas – C.D. Choco
Un partido difícil para Montes polo rival e polo terreo de xogo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará