Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O actor e humorista Paulo Medal ameniza a presentación da revista Lenda dedicada ao humor

RR_Noticias

A Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Lenda  presenta esta tarde no Multiusos da Xunqueira a partir das 20:00 horas un novo número da súa revista “A voz de Lenda”. O tema elixido nesta ocasión é o humor, con análises, reflexións e diferentes artigos nos que os membros do equipo redactor, todos eles usuarios do Centro Lenda, fan a súa achega persoal e xornalística á situación actual do humor.

Son xa 31 os números de levan publicados ao longo dos últimos anos e polo de agora aínda non repetiron temática. Nesta ocasión optaron por darlle o protagonismo ao humor porque segundo explican dende o equipo redactor “o humor é saúde, diminúe o nivel de tensión, mellora a nosa motivación e comunicación, eleva o estado de ánimo e rexuvenece”. Argumentos máis que sobrados para dedicarlle un número de “A voz de Lenda” no que imos atopar chistes, poesía, artigos de opinión, de análise e unha entrevista central ao actor e humorista Paulo Medal. Precisamente Medal será o encargado de amenizar a presentación de hoxe cun “show humorístico” no Multiúsos da Xunqueira a partir das oito da tarde.    

Jaime Viqueira
O humor é fundamental na vida motivo polo que ben merece un número en exclusiva
Manuel Tomé
Contidos variados
David Blanco
Un acto hoxe no Multiusos no que o humor tamén chegará con Paulo Medal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará