Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS cae ante un Verín superior

RR_Noticias

Os de Juan Nogueira perderon na súa visita ao campo do Verín por 5-3. Un equipo que afronta unha intensa ponte de Decembro, xa que mañá martes disputarán en Mondariz o partido aprazado da xornada 10. Un festivo intenso o de mañá para os afeccionados ao fútbol sala, xa que en Chapela disputarase o derbi que enfrontará a Campito e Arealonga, Será ás 12:30 horas no pavillón da parroquia.

O equipo redondelán viuse superado por un Verín que impuxo a súa calidade na pista dende o inicio do encontro. Un partido marcado tamén por unha “arbitraxe dura” que condicionou o xogo dos visitantes. Chegábase ao descanso con vantaxe mínima para os locais que vencían por 1-0.
Na segunda metade os de Juan Nogueira saían a pista coas ideas máis claras pero non foi suficiente para neutralizar ao rival que lograría a vitoria por 5-3. Os de Redondela non dispoñen de tempo para preocuparse por este mal resultado, xa que mañá teñen que afrontar outra cita importante. Desprázanse a Mondariz para xogar o partido aprazado na xornada 10. Un encontro de máxima rivalidade xa que os dous equipos están necesitados de puntos para poder abandonar os postos baixos da táboa.
No caso contrario atópanse os dous equipos de Chapela, Campito e Arealonga , que loitan por manterse nos postos altos da clasificación. Mañá medirán as súas forzas nun derbi que se disputará ás 12:30 horas en Chapela por decisión dos dous clubs, que queren así favorecer a presenza de afeccionados no pavillón da parroquia aproveitando este festivo de decembro. Dependendo do resultado o CampitoFS poderá seguir liderando a Autonómica sur ou ceder ese primeiro posto ao Cereixa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará