Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novembro, un mes de estabilidade no emprego

RR_Noticias

Os datos do paro feitos públicos onte pola Consellería de Traballo falan dun mes sen importantes variacións na comarca en canto aos datos do paro. Mentres en Galicia novembro deixou novamente un incremento no número de desempregados, con 3.000 persoas máis sen traballo, Redondela e comarca mantéñense estables.

De feito en Redondela hai 19 persoas menos inscritas e son 2.370 as que se atopan en situación de busca de emprego. Diminución tamén no concello de Fornelos de Montes, localidade na que durante o pasado mes se deron de baixa cinco persoas, sendo actualmente 185 as que demandan un emprego.
Situación inversa a que atopamos en Soutomaior e Pazos de Borbén, concellos ambos que experimentan un lixeiro repunte. Na primeira localidade hai 757 persoas inscritas nas listas do paro, doce máis que no mes anterior, mentres que en Pazos inscribíronse 13 demandantes, cun total de 405 persoas anotadas nas listas do antigo Inem.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará