Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia que Viaqua tan só abre a oficina de Arcade dúas horas e media ao día

RR_Noticias

A empresa adxudicataria do servizo da auga en Soutomaior mantén un horario de apertura de 10.00 a 12.30 h e pecha as portas en vacacións. O BNG de Soutomaior xa denunciou esta situación no pleno de novembro alertando das carencias no servizo de atención aos veciños.

Os nacionalistas preguntaron no pleno como unha empresa que xestiona unha concesión pública ten un horario de atención ao público de pouco máis de 2 horas ao día, dende as 10.00 h da mañá ata as 12.30 h. Segundo denuncian “ninguén se explica como o alcalde permite ese privilexio a unha empresa que mantén un horario intolerable e que dificulta que os veciños teñan un servizo de digno para realizar calquera trámite.
Os nacionalistas denunciaron tamén no pleno que no prego de condicións que o concello asinou coa empresa se establece que esta última debe manter unha atención ao cliente cun servizo de calidade “polo que non se entende que se lle estea a permitir un horario de apertura coma este”. Unha situación que se agrava durante as vacacións dos empregados, periodo no que a empresa pecha directamente as portas durante semanas sen que os veciños que precisan realizar calquera xestión poidan facer nada.
O BNG esixiu un compromiso ao grupo do PP para porlle solución ao que é a todas luces unha discriminación para os veciños de Soutomaior. Nese sentido o alcalde Agustín Reguera, dixo que ía estudalo e que non recibira ningún aviso ao respecto. Así mesmo, sinalou que existía un servizo telemático de atención ao cliente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará