Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alberto Pazos ve “inminente” o acordo para poñer en marcha a Área Metropolitana

RR_Noticias

O director xeral de Administración local, Alberto Pazos asegura que a Área arrancará no primeiro semestre do 2016 porque “non hai ningún escollo que impida que nun prazo relativamente curto de tempo este entre supramunicipal estea operativo”.  Na mañá de hoxe reuniuse cos representantes da corporación municipal en Redondela “nunha reunión onde a sintonía foi patente nos aspectos esenciais” segundo explicou tamén o alcalde Javier Bas. Malia faltar a reunión decisiva con Abel Caballero asegura Pazos que “non hai discusión en canto o liderazgo, que lle corresponde a Vigo, e non hai ningún motivo para que non se chegue a un acordo satisfactorio para os 14 concellos implicados”.

O representante da Xunta reuníase hoxe co alcalde de Redondela e os representantes da oposición nunha reunión enmarcada dentro do programa de encontros que nas últimas semanas está a desenvolver con todos os concellos implicados na posta en marcha da área metropolitana. 13 reunións con outros tantos municipio nos que “todos amosaron o seu apoio en cuestións básicas como o financiamento, que será proporcional dependendo do número de habitantes, a gobernanza do ente que estaría liderado por Vigo e a posta en marcha dun trasporte metropolitano integral. Un sistema de financiamento que suporá que Redondela sexa o segundo concello que maior contía económica achegue, ao tratarse tamén do concello con maior número de habitantes de toda a Área, tan só por detrás de Vigo. Unha maior achega económica que supón tamén unha maior representatividade no que será a súa xunta de goberno. Bas salientaba o importantes destas xuntanzas que serven “para aclarar cuestións que necesitan dunha explicación de primeira man”. Unha reunión que contou tamén coa presenza dos grupos da oposición quen, en palabras de Alberto Pazos “amosaron a súa sintonía en aspectos esenciais da Área Metropolitana”. Malia que falta aínda a reunión máis importantes que o levará a sentarse co alcalde de Vigo, Abel Caballero, Pazos non dubidou en amosar a súa confianza por lograr un acordo “de xeito inminente e consensuado, é unha cuestión de vontade política que a Área bote a andar nos primeiros meses do 2016, en todo caso, será antes da convocatoria das eleccións autonómicas” asegurou.  

Alberto Pazos director xeral Administración Local
Un acordo inminente
Acordos maioritarios
Na gobernanza no financiamento e no transporte metropolitano
Javier Bas alcalde
Financiamento porcentual por habitante
Máis habitantes máis representantividade
Redondela será o segundo concello con maior poder de decisión
Apoio da oposición
Entendemento nos puntos principais
Negociación con Vigo
A última das reunións será con Caballero

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará