Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER solicita ao pleno unha maior promoción dos artistas locais

RR_Noticias

A Agrupación de Electores presenta ao pleno do xoves unha moción na que solicitan por parte da Concellería de Cultura un maior apoio na promoción e contratacións dos artistas locais, así como a posta en marcha dun circuíto permanente de actuacións en locais de Redondela. Estiman que se poderían beneficiar desta iniciativa preto dun cento de formación musicais de diversa índole, así como grupos de teatro, humor, maxia ou baile entre outros.

Dende AER salientan a importante presenza de iniciativas culturais que parten dende a propia veciñanza “unha bagaxe artística que se consolida ano tras ano coa aparición de novos proxectos artísticos que, ademais de crear emprego ao seu arredor, están tamén no cerne de moitos festivais que no últimos 20 anos lograron diferenciar Redondlea como un motor cultural relevante na provincia”.
Neste sentido entenden que recaendo no concello a promoción e difusión cultural “debería dar cobertura aos artistas e grupos locais nos actos e eventos que a propia administración organiza ano tras ano”.
Para potenciar esta promoción propoñen que se cree un censo de artisitas no que se recollan os grupos musicais, solistas, grupos de teatros escolas de danza, grupos de títeres, bandas de música, corais, agrupacións tradicionais, artistas plásticos diversos, etc. que conte  con información de contacto dos artistas e a súa catalogación e breve descrición da súa actividade. “O censo manterase debidamente actualizado, facéndose público e accesible a toda a veciñanza a través da web municipal, dándolle a oportuna difusión entre os programadores de eventos tanto internamente no concello de Redondela como externamente”.
Reclaman tamén do concello que “se comprometa a aumentar o apoio aos artistas redondeláns dun xeito proactivo, contando con eles á hora de programar culturalmente a axenda cultural xestionada polo propio Concello”. Finalmente solicitan a creación dun circuíto de “Músicas ao vivo”, cunha  programación permanente de actuacións en locais de diversa índole; bares, cafeterías, pubs, centros sociais, etc. establecendo un marco de colaboración, entre o Concello e os locais programadores adheridos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará