Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para se presentar ao Concurso fotográfico do Obradoiro de Estudos locais

RR_Noticias

O Obradoiro de Estudos locais de Cesantes repartirá un total de 800 euros entre as mellores fotografías, con dous premios na categoría de adultos, dous premios na categoría xuvenil, un prmeio á mellor fotografía presentada e un premio especial X Aniversario, dotado con 200 euros que seconcederá a mellor imaxe tomada na parroquia. O obxecto do concurso é incentivar a actividade fotográfica sobre o noso entorno e potenciar a súa difusión e coñecemento.

As fotos deberán ser inéditas podendo presentarse ata un máximo de 5 fotografías por concursante. Faranse obrigatoriamente nos dous formatos: dixital e impresas. Os sobres coas fotos poderanse entregar tanto persoalmente,como enviar por correo ordinario ó enderezo do Círculo Cultural Deportivo de Cesantes: Estrada Cesantes Nº28 CP 36693 Cesantes -Redondela. O prazo de presentación das fotografías remata o martes 24 de novembro do 2015.
A Asociación Cultural quere celebrar esta décima edición duplicando o número de premios entregándose nesta edición dous premios na categoría de adultos (dotados con 150 e 100 euros) dous na categoría xuvenil (100 e 50 euros) así como un premio á mellor fotografía dotada con 200 €. Nesta edición haberá un premio especial, tamén de 200 € para a mellor foto tomada ou ambientada claramente na parroquia de Cesantes.
Toda a información pode atoparse na páxina web do Obradoiro, no enderezo www.estudoslocais.org
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará