Hoxe é Martes 28 de Setembro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

Soutomaior contará cun novo parque canino en Arcade

RR_Noticias

O novo recinto, o segundo destinado a cans neste concello, terá unha superficie total de 900 metros cadrados e instalarase na parcela situada sobre o túnel do AVE na avenida de Castelao. Está previsto que o novo parque estea totalmente listo no primeiro trimestre de 2016, “aproveitando un espazo ao que se lle daba pouco uso e que xa era utilizado por algúns veciños para pasear coas súas mascotas”, afirmou o alcalde Agustín Reguera.

Como é costume neste tipo de espazos, instalaranse diversos elementos de divertimento para os cans, ademais de colectores para residuos, bolsas para a recollida de excrementos, unha fonte de auga adaptada e bancos para que os responsables dos animais poidan descansar mentres xogan as súas mascotas. Todo iso dentro dun recinto valado e con dobre entrada para garantir a total seguridade dos cans. Do mesmo xeito, instalaranse paneis informativos á entrada do parque para concienciar aos usuarios da necesidade de contribuír ao bo uso e mantemento do mesmo. Nun futuro dotarase ao recinto dunha zona de sombra tanto para as mascotas como para os seus donos.
Xa se están valorando posibles melloras futuras, como a construción dun acceso ao paseo marítimo e poder conectar así as dúas zonas caninas da localidade e a colocación dos elementos de adestramento canino ou agility co obxectivo de que os veciños poidan practicar coas súas mascotas saltos e comportamentos dinámicos.
A medida foi impulsada por un veciño da localidade a través das redes sociais e a plataforma colaborativa de peticións,change.org, onde recolleu case 200 apoios de veciños e simpatizantes do mundo canino en poucas semanas.
Reguera, afirmou que “para Soutomaior é unha gran honra ter veciños tan implicados no benestar das súas mascotas e desde o Concello estamos encantados de poder apoiar esta clase de propostas. Desde hai tempo propuxémonos buscar lugares idóneos en espazos verdes para instalar este tipo de parques e que os propietarios de mascotas teñan á súa disposición un recinto seguro para gozar delas”.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *