Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un mozo de Pazos de 23 anos por ofrecer diñeiro a cambio de sexo a menores

RR_Noticias

A Garda Civil detivo a A.F.C., de 23 anos veciño de Pazos de Borbén como presunto autor dos delitos de corrupción de menores e indución á prostitución por ofrecer diñeiro a cambio de sexo a mozas de menos de 16 anos con problemas económicos.

Os feitos sucederon a pasada semana cando o mozo contactou cunha menor de 16 anos a quen lle ofreceu 700 euros “a cambio dunha tarde de pracer e sexo”.  A menor, que tiña problemas económicos por mor dunha débeda, aceptou a proposición pero o mozo non lle abonou a cantidade comprometida.
As investigacións levadas a cabo pola Garda Civil por mor da denuncia presentada pola nai da menor determinaron que este individuo, “moi afeccionado ás carreiras de coches onde se fan exhibicións de vehículos tuneados” utilizaba este tipo de eventos para achegarse a nenas de idades comprendidas entre os 14 e 16 anos “facendo ostentación dunha gran solvencia económica para impresionalas” segundo apuntan fontes policiais.
Unha vez que conseguía os seus datos persoais e números de teléfono concertaba citas nas que as convidaba a comer, a ir de compras e regaláballes pezas de roupa e calzado de marca.
Ao decatarse das limitacións económicas das menores facíalles proposicións para iniciar relacións sentimentais e lles prometía diñeiro a cambio de manter relacións sexuais.
As pescudas levadas a cabo por efectivos do Posto da Garda Civil de Pontevedra concluíron coa detención de A.F.C., de 23 anos, que foi posto a disposición do Xulgado de Instrución Número 2 de Pontevedra, como presunto autor dos delitos de corrupción de menores e indución á prostitución.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará