Hoxe é Venres 8 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR Plastic Omnium, a canteira como obxectivo

RR_Noticias

A goleada ante o Poio Artai permite á SAR seguir mellorando resultados logo dun comezo de liga irregular. O adestrador, Carlos Rey, confía nas posibilidades do equipo, que experimentou moitos cambios con respecto ao ano pasado coa incorporación de moitos xogadores procedentes do xuvenil.

O club de balonmán redondelán continúa co seu proxecto de consolidar a canteira. O equipo de Primeira Nacional, logo dunha excelente campaña a pasada temporada, comezou esta liga con peores resultados. O adestrador, Carlos Rey, recoñece que o equipo non está ao nivel da temporada pasada. O conxunto experimentou moitos cambios, coa incorporación de moitos xogadores novos, procedentes de xuvenil “que carecen de experiencia na categoría”. Con todo, Rey é optimista, e confía nas posibilidades do equipo, que xa foi “madurando” nestas oito xornadas de liga e experimentou unha notable mellora. A pasada xornada gañaron por goleada (33-14) ao Poio Artai, a primeira vitoria na casa. Un triunfo “moi necesario” para os xogadores, que os motiva e os anima a seguir traballando. Os redondeláns ocupan agora a 12ª praza, e a próxima xornada visitan o Rosal para medirse ao Acanor Atlético Novás, un dos equipos máis en forma do campionato e candidato ao ascenso. Un partido difícil, pero no que Rey non se resiste a “pelexar” para loitar pola vitoria. O adestrador valora o esforzo que está a facer o equipo, ao que ve con moita marxe de mellora, que xa experimentaron xogadores moi novos como Iván, Puga ou Sergio. O obxectivo do club é conseguir que o 90% dos xogadores do primeiro equipo procedan da canteira, e están a acadalo. Buscan consolidar a canteira e para iso teñen tamén en marcha unha interesante iniciativa coa que os máis pequenos participan activamente co equipo de máxima categoría. Consiste en que rapaces de entre 11 e 13 anos compartan vestiario cos xogadores de Primeira Nacional. Durante uns minutos viven co equipo os preparativos previos a cada partido de liga, unha “fermosa experiencia” para os nenos, e que fomenta o vínculo do primeiro equipo coa canteira.  

Carlos Rey adestrador
O técnico fala da vitoria ante o Poio e o comezo de liga.
Aposta pola canteira
Unha inicitiva do club leva aos máis pequenos a compartir a experiencia do vestiario co equipo de Primeira Nacional.
Acanor Atl.Novás – SAR Plastic Omnium
Partido difícil o deste sábado pero que a SAR non renuncia a pelexar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará