Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Presentación do libro “Cuando Nepal tembló”

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle hoxe luns ás 19:00 horas un libro no que se recollen as testemuñas de varios dos superviventes españois do terremoto que arrasou boa parte do Nepal o pasado 25 de abril. Todos os cartos que se recaden coa venda dos libros serán destinados ás vítimas deste desastre.

Relatos sobre a destrución, o desconcerto, a dor e a perda que deixan tamén un oco para a esperanza. Distintas experiencias vividas por españois que se atopaban no país nepalí no momento no que se producía o terremoto do pasado mes de abril e que deixou todo un regueiro de vítimas e cidades arrasadas aínda en fase de construción. Precisamente os cartos que se recaden da venda deste exemplares irán destinados integramente ás vítimas do terremoto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará