Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS faise forte na Bomboneira e vence ao líder

RR_Noticias

Difícil partido o que tiña por diante o Redondela, equipo que non está a vivir os seus mellores momentos e que esta fin de semana medíase co líder, o Cereixa. Un encontro que finalizou con vitoria para os locais que se fixeron cos puntos en xogo ao rematar o partido cun axustado 2-1. Os equipos de Chapela, Campito e Arealonga ocupan o segundo e terceiro posto da clasificación nesta Liga galega sur do fútbol sala, tan só superados a puntos precisamente polo Cereixa Gondomar que malia a derrota en Redondela segue líder da categoría.

O Redondela FS, malia recuperar folgos esta fin de semana grazas a esa importante vitoria ante o líder segue necesitado de puntos para remontar a decimo segunda posición que ocupa actualmente. Tentará facelo na vindeira semana na súa visita ao campo do Mondariz, equipo que se atopa na parte baixa da táboa.
Pola súa banda o Arealonga lograba unha avultada vitoria ante o pechacancelas do grupo, o Leis Marcón. 7-4 foi o resultado do encontro que mantén aos de Chapela na terceira praza da clasificación. Na próxima xornada xogan no campo doutro equipo necesitado de puntos, o Lume Bamboo.
Por último o Campito viviu esta fin de semana unha xornada de descanso e na vindeira medirase co Baíña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará