Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Airiños da Peneda presenta en Chapela as súas cantigas populares

RR_Noticias

O Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela acolle o sábado 7 ás 19:30 horas un concerto da formación Airiños da Peneda no que presentarán o disco “Cantigas na Peneda”.

Un primeiro disco no que ademais de cancións propias, recompilan temas populares e incluso completan cunha gravación que serve de lembranza para todos aqueles que xa non están. O obxectivo deste traballo autoproducido  é “deixar constancia desta música que as veces vai desaparecendo coas persoas maiores que son os que aínda as lembran e aínda as cantan”.
Unha música popular que se recolle neste álbum autoxestionado que se poderá escoitar nun concerto presentación o sábado as 19:30 horas “cargado de ilusión” e no que contaran tamén con xente que colaborou co grupo na parte instrumental.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará