Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manifestación en defensa da automoción

RR_Noticias

Os traballadores de Citroen e auxiliares manifestaranse este sábado 7 de novembro en Vigo ne defensa do sector. Reclaman que dende a administración se esixan garantías ás empresas de que non se deslocalizará a fabricación das pezas dos novos modelos da furgoneta K9 co obxecto de garantir carga de traballo. A protesta partirá ás 11:00 hroas dende a coñecida como Praza dos Cabalos.

Victor mariño, delegado da sección sindicla da CUT de Citroen lembra que hai un ano os traballadores asumiron recortes en salarios e dereitos sociais co obxectivo de que se lle concedera a factoría de Vigo a fabricación do novo modelo. Tamén a empresa recibiu axudas da administración co obxecto de favorecer que fora Vigo quen se fixera finalmente coa adquisición da fabricación da furgoneta K9. Por este motivo reclaman á administración que poña condicións á empresa. “Deben existir compensacións por todos os axustes feitos polos traballadores. O goberno debe poñer condicións e esixir que a produción non se deslocalice” en referencia a que moitas das pezas da nova furgoneta acabarán facéndose noutras factorías do grupo en países de “baixo custe” como son Portugal e Marrocos. Un problema que terá consecuencias para a Citroën, empresa que cada vez conta con menos traballadores a tempo completo, pero tamén a todas as filiais do grupo, como pode ser Plastic Omnium en Redondela ou Faurecia no Porriño. Mariño confía en que a mobilización do sábado sexa un éxito “atendendo a que a automoción é un sector fundamental para toda a economía da comarca, do que viven non só os traballadores contratados directamente na planta de Balaídos”.  

Victor Mariño CUT
Explica os motivos que os levan a convocar esta manifestación
Citroën e auxiliares
Todos os traballadores das emrpesas de automoción atópanse nunha situación de perda de dereitos
Chamada á participación
Un sector que afecta a toda a bisbarra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará