Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman a recuperación do cargadoiro de mineral de Rande

RR_Noticias

O PSOE de Redondela salienta a importancia do patrimonio industrial como parte integrante da nosa historia e demandan medidas encamiñadas a recuperar o cargadeiro coñecido como “Coto Wagner”, deteriorado pola falta de conservación e por acción vandálicas. Critican que o PP rexeitase as emendas para a recuperación deste patrimonio cultural nos orzamentos do Estado.

O cargadoiro de mineral de Rande formado por tres plataformas unidas a terra por unha estrutura metálica que dispuña dunha cinta transportadora pertencía á empresa “Minerosiderúrgica de Ponferrada, S:A.” e empregábase para embarcar ferro que chegaba por tren procedente de Coto Wagner e carbón das minas de Larciana e o Bierzo. Uns minerais que eran exportados a outros países, como Inglaterra e Alemaña, e que estivo operativo ata 1987.
Explican os socialistas que as estructuras que se crearon nun inicio para a actividade industrial, pouco a pouco, vanse considerando parte do noso Patrimonio Cultural pro ese motivo “non podemos negar o importante papel deste elementos na evolución dos nosos pobos e na formación de paisaxes. O patrimonio industrial, convertese así, en memoria histórica que se manifesta diferentemente segundo a época, grao de desenvolvemento, sectores de actividade,etc”, en palabras  do edil socialista Leonardo Cabaleiro.
O cargadoiro, situado nun punto nodal nas visitas turísticas da Ría de Vigo, sofre un progresivo deterioro pola falta de conservación e nalgún caso por mor do vandalismo. Por este motivo “presentamos emendas aos orzamentos do Estado para mellora deste patrimonio industrial, as cales foron rexeitadas polo PP en Madrid e finalmente levamos unha moción en Redondela en prol da posta en valor do patrimonio non só industrial, senón cultural”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará