Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

150 familias de Redondela sen ingresos polo paro da flota do cerco

RR_Noticias

Cúmprese unha semana dende que armadores e tripulantes da flota do cerco iniciasen en Santiago unha acampada para esixir “un reparto xusto da cota do xurelo e da xarda”. Entre os mobilizados tamén veciños de Redondela onde hai un total de 20 embarcacións e máis de 150 familias que viven desta arte directamente. Denuncian os motivos políticos que levan a que o reparto beneficie a outras flotas e comunidades en detrimento dos galegos. Insisten en que a solución pasa porque se asignen os topes de capturas en función do número de tripulantes de cada embarcación ou por barco e non por datos históricos.

 “A nosa autonomía e a gran prexudicada polo reparto actual, que favorece a outras comunidades, especialmente ao Pais Vasco, e incluso a outros países, mentres deixa aos galegos sen posiblidades de seguir coas capturas” así o explica o patrón maior de Redondela, Clemente Bastos quen insiste en que o sistema actual permite que os mariñeiros vascos continúen pescando mentres os galego completaron en xullo  a cota que se lles asignou para todo o ano. Dáse a circunstancia incluso de que “hai pasíses sen flota que teñen máis cota que galicia e a venden a outros países”. Explica que esta situación “non se debe a escaseza do peixe, senón que o reparto se fai por uns históricos que non son razoables, nós defendemos que se faga un reparto xusto e que se asignen esas cotas en base ao número de barcos e ao número de tripulantes que existe en cada comunidade”. Entenden que Galicia está mal representada en Madrid e en Bruxelas “noutras autonomías e presión política e moito maior que a que exercen os nosos representantes dende a Consellería” motivo polo que anuncian que seguirán coas mobilizacións que a día de hoxe os manteñen acampados en fronte da sede da Xunta en San Caetano. Unhas protestas que incrementarán no caso de non lograr unha solución satisfactoria que poña fin a unha situación que aboca ao sector ao peche.  

Clemente Bastos patrón maior
150 familias veranse afectadas polo paro
Solución política
Facer presión en Madrid e Bruxelas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará