Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As marchas da dignidade organizan unha xuntanza en Redondela

RR_Noticias

A reunión celebrarase na Casa da Cultura hoxe martes ás 20:30 horas e está aberta a toda a cidadanía. Esta xuntanza forma parte das actividades previas a desenvolver en Redondela de cara á gran concentración do sábado 24 de outubro en Santiago. Os convocantes fan un chamamento aos veciños a participar lembrando que “tamén os veciños do noso concello están sometidos a unha constantes perda dos dereitos máis básicos”.

O lema e as reivindicacións desta manifestación do día 24 serán as mesmas que se defenderon nas marchas dende a súa creación “Pan, traballo e teito”. Un lema que resume a perda de dereitos máis básicos á que está sendo sometida a poboación do noso país e a veciñanza de Redondela tamén.
Como mostra desa perda de dereitos en Redondela, as marchas sinalan, a recente presentación do Plan de Emprego feita dende o goberno local na que “o alcalde Javier Bas dirixíase aos 60 veciños e veciñas seleccionadas que terán que traballar 2 ou 3 semanas sen cobrar, persoas beneficiarias da Renta Activa de Integración e parados de longa duración con cargas familiares e que xa perderon as prestacións, a quen o alcalde aconsellaba aos que acudan a realizar prácticas que sexan prudentes e non cuestionen a forma de funcionar das compañías se queren ter opcións a traballar nelas”. Este é o modelo produtivo que o goberno en Redondela, denuncian dende as Marchas “utiliza para loitar contra o paro”.
Por todo isto, dende as marchas queren animar a participar destas actividades previas á concentración do 24-O á veciñanza de Redondela, asociación e colectivos. O retroceso das condicións sociais e laborais das clases máis desfavorecidas xustifican este movemento que recoñece que as políticas de recortes do Goberno están a deixar a xente sen traballo, sen casa, sen sanidade, sen pensións, sen educación e sen futuro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará