Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para o pago do IBI

RR_Noticias

O 16 de outubro remata o prazo para o pagamento en periodo voluntario dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) de natureza Urbana e Rústica exercicio 2015. Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva cos recargos de apremo regulamentarios.

Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago en calquera das sucursais de Abanca, La Caixa ou Banco Bilbao Vizcaya, poderán solicitar un duplicado dos mesmos na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela na Rúa Ernestina Otero.
O horario de atención ao público é mañás de luns a venres de 9:00 a 14:00 e tardes de luns a xoves de 16:00 a 18:30 horas. Tamén poderán descargarse o recibo dende a páxina web do Concello (www.redondela.es) e asemade poderán efectuar o pago on line a través do enlace existente en dita páxina web.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará