Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG cualifica de “esperpento” que o PP se pregunte a si mesmo nos plenos

RR_Noticias

A decisión do goberno local de autopreguntarse no pleno do pasado xoves en torno ao servizo de emerxencias deixaba o salón de plenos semibaleiro, ao decidir PSOE e BNG ausentarse do Multiusos. Os nacionalistas explican a súa decisión argumentando que “a quenda de preguntas permite que os grupos da oposición poidan interpelar ao goberno e non é un mecanismo para que este se autopregunte”. Engade o edil Xoan Carlos González que o obxectivo do goberno local é meterlle medo aos grupos da oposición, para evitar as súas críticas sobre a acción de goberno.

Explica o voceiro do BNG que “a pantomima da pregunta presentada sobre o alarmismo dos grupos da oposición, por teren difundido información sobre a intervención dos servizos de urxencias, constitúe toda unha mostra do ridículo máis espantoso”. Para Xoán Carlos González “Javier Bas é consciente de que as sesións plenarias son un trámite que tén que sufrir cada mes. Teno asumido, e así actúa. Coñece o regulamento, e busca os recobecos para saír beneficiado. Abandonamos a sala para non darlle cobertura a esta nova estratexia do goberno municipal”.
Aposta finalmente por reconducir a “situación de deterioro constante que Javier Bas e os seus están a someter ao verdadeiro órgano de representación popular, como é o Pleno da Corporación. Somos os grupos da oposición os que debemos asumir esta responsabilidade”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará