Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pecha as contas do 2014 en positivo

RR_Noticias

O pleno de Redondela aprobou onte a conta xeral de 2014 que pechou cun remanente de tesourería para gastos xerais de 538.000 euros. Unhas cifras que segundo o PP “demostran o bo facer do goberno local na xestións dos cartos públicos”. Un discurso que non comparten os grupos da oposición que os acusan de “aforran nas partidas que son máis necesarias para os veciños e que teñen que ver cos Servizos Sociais”.

A concelleira de Facenda, Carmen Amoedo asegurou que estas cifras son o resultado da boa xestión desenvolvida polo goberno popular dende a súa chegada á alcaldía de Redondela. Máis concretamente salientaba o bo facer da súa predecesora no cargo, a que fora concelleira Ana Alonso “que posibilita que poidamos traballar sen estaren controlados por ninguén”. Os grupos da oposición malia dar o seu apoio ao documento por tratarse “dun documento técnico” criticaron as políticas do goberno local xa que ao seu entender o remanente positivo logrouse aforrando en partidas de carácter social que son as máis necesarias para os veciños. Dende o BNG Xoán Carlos González aseguraba que “o PP non inviste en partidas relacionadas cos servizos sociais mentres sí gasta todo o orzamentado nas actuacións máis visuais como pichi e cemento”. Mesma críticas tocáballe escoitar ao PP na voz do voceiro de AER, Ricardo Figueroa quen aseguraba que “as contas cadran porque non se gasta no necesario e si en pavillóns, parques infantís e outras actuación de cara a galería”. Argumento que tamén manexou o socialista Mauro Alvarez á hora de criticar as contas municipais.  

Carmen Amoedo PP
Unhas contas en positivo
Xoan Carlos González BNG
Critica que se invista en pichi e cemento e se deixen partidas de servizos socias sen gastar
Ricardo FIgueroa AER
Máis gastos en obras que no realmente necesario
Mauro Alvarez PSOE
Os socialistas tamén lamentan que haxa partidas de servizos sociais que non se gasten

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará