Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bota a andar a comisión de seguimento das obras da AP-9

RR_Noticias

Os afectados pola ampliación da autoestrada levaban semanas demandando a convocatoria desta comisión que estaba pendente de que o Ministerio de Fomento nomease aos seus representantes. A primeira das reunións celebrarase este martes ás 10:00 horas en Vigo e servirá de toma de contacto para poñer sobre a mesa os temas que máis preocupan ás partes implicadas.

A comisión de seguimento contará coa presenza de representantes do Ministerio de Fomento e da empresa encargada concesionaria da autoestrada, Audasa. Estarán presentes tamén nesta reunión membros do goberno local encabezados polo propio alcalde Javier Bas, así como representantes de todos os grupos políticos con representación na corporación municipal. Está convocada a asociación de afectados pola AP-9 así como representantes veciñais das parroquias máis afectadas, tanto da asociación de veciños de Chapela como de Trasmañó.
Un elevado número de interlocutores que se incrementará aínda máis canso se aborden temas específicos que afecten ao barrio de Rande e aos restos arqueolóxicos alí existentes, xa que a esas reunión tamén se convocará a Asociación Cultural e deportiva de Rande.
Javie Bas recoñece que nesta primeira xuntanza tentaranse sentar as bases para facer operativa a comisión e intentaranse centrar os temas “nos puntos de encontro e non nas cuestións máis espiñentas” co obxecto de que discorra nun ambiente de cordialidade.
Unha reunión que chega logo de que os afectados pola obras xa protagonizasen varias mobilizacións e paralizasen os traballos nalgúns puntos da parroquia de Chapela. Levaban semanas esixindo que se convocase esta comisión para contar cun espazo no que velar polo cumprimento do proxecto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará