Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A policía intensifica a vixilancia no Campo da Feira contra os vándalos

RR_Noticias

A policía local intensificou a vixilancia na zona do Campo da Feira e Avenida Mendiño para evitar novos actos vandálicos e intentar descubrir aos autores dos últimos danos a ducias de vehículos que na madrugada do pasado venres apareceron coas rodas pinchadas. Dende a Concellería de Interior explican que está aberta a investigación e desminten a información aparecida nas redes sociais que apuntaba a unha persoa como autor dos feitos. “Hai que traballar coa presunción de inocencia e non hai datos que apunten a que a persoa sinalada fora a responsable dos danos causados nos vehículos” explica Arturo González. O autor ou autores enfróntanse a condenas de multa e ata 3 anos de cárcere.

Os talleres de coches tiveron que traballar arreo para reparar as ducias de vehículos afectados polos vándalos que na madrugada do pasado venres pincharon as rodas de 33 coches, segundo os datos que manexa a policía local. De feito, horas despois do suceso podíanse ver numerosos condutores cambiando as rodas dos seus vehículos, aínda que os máis desafortunados tiveron que recorrer ao guindastre, xa que había coches coas catro rodas pinchadas.
Para evitar que se volva producir un acto semellante a Concellería de interior intensificou a vixilancia nos lugares afectados (no Campos da Feira e na Avenida Mediño). Manteñen ademais a investigación aberta e pídese a colaboración cidadá para que calquera persoa que vira algo sospeitoso que puidera ter relación cos feitos investigados se achegue á comisaría ou se poña en contacto con eles no 986 402610.
Entre os condutores afectados o malestar era evidente e desatáronse todo tipo de rumores sobre a autoría dos feitos. O concelleiro de interior, Arturo González insiste en que a investigación está aberta e que non se pode dar crédito aos comentarios que se fan sen base algunha e menos aos que se espallan polas redes sociais, en referencia a algunha acusación aparecida no Facebook.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará