Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o I Foro do deporte cunha xuntanza no museo Meirande

RR_Noticias

O Centro de Interpretación de Rande acolle este venres ás 21:00 horas a primeira xornada do Foro do Deporte convocada pola Concellería de deportes co obxecto de analizar cos clubs as necesidades, demandas e inquedanzas das entidades deportivas locais. A segunda xornada celebrarase o venres 25 na Casa da Cultura.

O I Foro do Deporte de Redondela arranca hoxe venres ás 21:00 horas cunha xuntanza no centro de interpretación de Rande (Museo Meirande). A concellería de deportes convoca a esta primeira reunión a todos os clubs de Chapela, así como algún que pola súa situación, atendendo ao seu domicilio deportivo ou modalidade, decidiuse encadrar nesta primeira quenda.
O venres seguinte, na Casa da Cultura de Redondela, terán cabida o resto de clubs, nunha reunión que se celebrará tamén a partir das 21:00 horas.
As xuntanzas estarán moderadas polo Concelleiro de Deportes Julio Mougán, e nas mesmas trataranse temas tan diversos como os diferentes protocolos de actuación dos clubs coa Concellería de Deportes, as infraestruturas, as bases de subvencións, a organización de eventos… O obxectivo principal é “escoitar aos clubs cal é a súa valoración sobre o estado actual do deporte e conseguir que o deporte redondelán sexa unha forza viva unida en prol de optimizar os recursos para un mellor funcionamento”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará