Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación Andaina premia o traballo de Lenda no seu vinte aniversario

RR_Noticias

A asociación de pais e nais de persoas con necesidades especiais “Andaina” convida aos veciños a achegarse o sábado 19 ás 20:00 ao Multiusos da Xunqueira para participar dun festival no que haberá música, cine e premios. Un acto aberto no que non faltará o humor de Nelson Quinteiro presentador desta III Gala Andaina na que se recoñecerá o traballo de Lenda, unha asociación que dende hai 20 anos traballa no noso concello a favor das persoas que padecen unha enfermidade mental.

Andaina nacía hai tres anos co obxecto de atender as necesidades de todas aquelas familias de persoas con necesidades especiais e que non teñen resposta dende a administración. O obxectivo da Asociación é ofertar aos seus membros asesoramento, achegarlles información e apoialos no día a día, pero tamén poñer en marcha programas de atención aos rapaces que contemplan actividades de estimulación temperá, logopedia, reeducación pedagóxica e outros máis novidosos como as terapias con cans ou a musicoterapia. O fundamental é que as familias poidan atopar o apoio e os medios necesarios para o mellor desenvolvemento e adaptación do neno. Este sábado celebran no Multiusos a III edición da súa gala nun acto que se desenvolverá ás 20:00 hroas e no que non faltará a música co grupo “Os mércores musicais” e Seso Durán, a proxección da curtametraxe Cuerdas e a entrega dos seus premios que este ano recaerá na Asociación Lenda, que este ano ven de cumprir o seu vixésimo aniversario.  

Antonio García presidente Andaina
Unha asociación necesaria para atender as necesidades das familias
Premiar o traballo de Lenda
Recoñecer o labor dunha asociación que leva 20 anos traballando

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará