Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro El Zurdo presenta o monólogo teatral “El minuto del payaso” no Multiusos

RR_Noticias

O espectáculo, producido polo redondelán Luís Crespo, poderase ver no Multiusos da Xunqueira o venres 11 e o sábado 12, ás 21:00 horas con entradas a 6 €. O monólogo está interpretado por Luis Bermejo, recoñecido actor que foi nominado aos premios Goya polo seu traballo en “Magical Girl” e que interpreta a Paco na coñecida serie de televisión Amar es para siempre.

Este monólogo, protagonizado por Luís Bermejo e producido polo redondelán Luís Crespo (director do Festival Internacional de Títeres de Redondela e do Festival Internacional de Artistas de Rúa) é unha clara homenaxe ao teatro. Conta a historia de Amaro, un pallaso que agarda a súa quenda detrás do escenario. Mentres se van facendo os distintos números, Amaro reflexiona sobre a vida, os seus seres queridos, a súa infancia e a súa familia, todo en clave de comedia na que tamén se pedirá a colaboración do público. Recomendada pola Red Nacional de Teatros y Auditorios (REDESCENA) a obra “EL minuto del payaso” ofrece en Redondela as dúas únicas funcións previstas en Galicia, antes de facer tempada no prestixioso Teatro Español de Madrid onde se poderá ver do 16 de setembro ao 11 de outubro para continuar xirando por Alicante (na XXXIII Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos) e Sevilla. O texto é da autoría do dramaturgo madrileño José Ramón Fernández, un dos autores españois máis representados e traducidos, posuidor do Premio Nacional de Literatura Dramática. As reservas pódense facer no teléfono: 636040668 e a billeteira abrirase 2 horas antes de cada función.  

Luis Crespo produtor
Comedia e drama van da man neste espectáculo
Dúas funcións
Redondela é o único concello de Galicia no que se poderá ver esta obra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará