Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior retoma a programación de Xuventude

RR_Noticias

A Concellería de Xuventude abre o prazo de inscrición das actividade que se iniciarán no mes de outubro, con clases de apoio escolar, idiomas, guitarra e cestería entre outras. As idades para participar e os horarios son variados e pódense consultar na web www.soutomaior.com ou directamente na oficina da OMIX no Multiusos de Arcade.

As clases inclúen un curso de cestería de 40 horas nas que os participantes terán a oportunidade de coñecer e aplicar os diferentes materiais para a elaboración de cestas. Ensinaranse técnicas para a creación de produtos artesanais de vimbio. Un curso que está enmarcado dentro do programa ACTÍVATE da Deputación de Pontevedra.
Para os nenos porase en marcha un aula de apoio escolar, reforzo educativo e técnicas de estudio. Esta actividade de apoio aplicarase nas materias básicas de lingua galega, castelá, inglesa e matemáticas. Os nenos recibirán axuda para facer deberes e mellora de competencias básicas nesas materias e como consecuencia mellora do seu rendemento académico. Estará impartido por persoal titulado e con experiencia.
No ámbito formativo realizarase tamén un curso de inglés teórico/práctico – nivel A2 co obxectivo de desenvolver novas capacidades de comprensión e expresión oral en situacións cotiás básicas.
A programación complétase con actividades de baile, curso de guitarra e as Escolas municipais de Debuxo e Pintura, de Teatro e de Xadrez.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará