Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase ao portal de transparencia da FGAMP

RR_Noticias

O pleno de Redondela aprobaba, nunha sesión extraordinaria celebrada na mañá de hoxe, sumarse á iniciativa da Federación Galega de Municipios e Provincias encamiñada a facilitar aos concellos a posta en marcha dun portal de transparencia. Unha ferramenta que servirá para que os cidadáns teñan acceso directo á información pública, consolidando así os dereitos dos veciños ao dotalos dun sistema de control, coñecemento e vixilancia sobre as actividades e decisións que se adoptan dende a entidade municipal.

O servizo de Novas Tecnoloxías será o encargado de xestionar este portal de transparencia segundo explicou a voceira do PP, Carmen Amoedo quen insistiu que se trata dunha iniciativa encamiñada a mellorar a comunicación cos veciños e dar resposta aos cidadáns “que demandan máis transparencia ás institucións”. A proposta, malia non contar con ningún voto en contra, non estivo exenta de debate. Así, dende o BNG criticaron ao PP por entender que “se trata dunha medida claramente electoralista encamiñada a lavar a cara dun partido afogado polas corruptelas”. O edil Xoán Carlos González engadía que “Os populares vence forzados a tratar estas cuestións pola proximidade electoral e contrarrestar os casos de corrupción que os afogan a nivel autonómico e estatal”. AER tamén amosaba as súas reservas sobre o compromiso do goberno local en canto á transparencia “xa que no anterior mandato trouxemos moitas mocións neste sentido e nunca apoiaron as nosas propostas” explicaba Ricardo Figueroa. Os socialistas pola súa banda entenden que “é irresponsable deixar a xestión deste servizo en mans do departamento de Novas Tecnoloxías” por entender que non teñen capacidade para asumir dito traballo. Amoedo negou rotundamente as críticas. Criticou a González por “empregar una vez máis a demagoxia mesturando peras con mazás ao falar de corrupción cando estamos a piques de poñer en marcha un portal de transparencia”. Negou que existise improvisación á hora de levar este asunto ao pleno “faise por urxencia por una cuestión burocratica” e concluiu afirmando que o “servizo de novas tecnoloxías está perfectamente capacitado para a súa xestión” A proposta aprobouse coas abstencións dos concelleiros de AER e PSOE.  

Xoan Carlos González BNG
Acusa ao PP de electoralista na posta en marcha deste portal
Ricardo Figueroa AER
Entende que na tramitación do proxecto hai improvisación
Mauro Alvarez PSOE
Non ve axeitado que sexa o departamento de novas tecnoloxías quen asuma o servizo
Carmen Amoedo PP
Defende a adhesión ao convenio e rexeita as críticas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará