Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manuel Otero: “Tentaremos que o Redondela F.S. se manteña cun alto nivel de xogo”

RR_Noticias

O ata agora capitán do equipo redondelán asume nesta nova temporada o papel de coordinador do club. Manuel Otero colga as botas despois de vinte anos e asume un novo reto no Redondela F.S. cunha directiva moi renovada logo da marcha de Julio Mougán.

O actual concelleiro de Deportes levaba no club “gran parte do peso deportivo e de xestión”, e a súa saída supuxo afrontar cambios na entidade. Parte da responsabilidade na organización recae agora sobre Otero, que decidiu deixar a súa faceta como xogador para ser “o enlace” entre os deportistas e a directiva. Recoñece que a súa experiencia como xogador logo de dúas décadas no club serviralle de moito nesta nova etapa como coordinador. Logo de que Antonio Bas asumira a presidencia, o principal obxectivo do club era fichar un novo adestrador. A tarefa non foi doada, segundo Otero, xa que Mougán deixara o listón “moi alto”, polo que moitos técnicos rexeitaron a oferta do club redondelán. Finalmente Jorge Expósito foi o elixido, un home con moita experiencia como árbitro deste deporte, e tamén como técnico na categoría feminina do Leis pontevedrés. O club está inmerso agora na recta final da pretemporada, e confían en facer un bo papel na Liga Galega Sur. O sábado participarán no Torneo de Fútbol Sala de Pazos, onde estarán tamén Campito, Arealonga, Pazos e Leis. Será a antesala da competición oficial, que os de Redondela comezarán en Vigo diante do Lume Bamboo o sábado día 19. Para Manuel Otero o obxectivo é manter “o nivel de competitividade” dos últimos anos, e rematar entre os tres primeiros clasificados da liga.  

Manuel Otero coordinador do Redondela F.S.
Otero afronta agora unha nova etapa no club redondelán.
Novo adestrador
Jorge Expósito que estaba xa na directiva do club é o novo adestrador do equipo senior.
Manter o nivel
O obxectivo do club é manterse entre os tres primeiros clasificados da Liga Galega Sur.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará