Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para participar no concurso fotográfico Unha viaxe, unha biblioteca

RR_Noticias

Unha iniciativa posta en marcha dende as bibliotecas municipais de Redondela que quere ser unha homenaxe moi especial a todas as bibliotecas do país. Os que queiran participar deberán presentar antes do 15 de setembro unha fotografía realizada diante ou no interior da biblioteca do lugar que visiten nas súas vacacións.

Todos os que desexen participar (maiores de 18 anos e residentes en Galicia) poden subir unha fotografia na plataforma instagram coa etiqueta #viaxebiblioteca, onde apareza o propio participante diante ou no interior da biblioteca do seu lugar de vacacións ou da vila que visite nesta época estival, incluíndo na descrición da fotografía o nome do lugar onde se tomou. O concurso comezou o 1 de xuño e  finalizará o día 15 de setembro deste ano. As bases do concurso, así como a resolución do xurado, composto por membros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela e que se emitirá o día 30 de setembro, poden consultarse nas redes sociais das Bibliotecas de Redondela.  

Mª Elena Becerra BIblioteca Redondela
Anima aos veciñso a subir as súas fotos en Instagram

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará