Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Artelixo regresa ás rúas con 35 obras

RR_Noticias

O certame Artelixo volverá encher prazas e escaparates de Redondela con arte elaborado a partir de material de refugallo. Unha cita cultural que quere servir tamén para facer reflexionar ao espectador sobre o lixo que producimos e a necesidades de darlle unha segunda vida. As obras participantes poderán verse dende este domingo día 6 ata o sábado 12 de setembro. O certame mantén actividades paralelas como o obralixo, orientado aos máis pequenos, e a jam sesión que se celebrará o venres na Alameda.

Unha fin de semana intensa para os organizadores que deberán ubicar as 35 obras participantes nos diferentes lugares elixidos. Unhas esculturas elaboradas a partir de lixo e que se converten en obxectos de arte que se poderán ver na alameda, diante do Concello e nas distintas prazas do casco urbano. Súmanse a estes escenarios os escaparates dos comerciantes que se ofrecen para albergar as obras de pequeno formato. Dende a organización distribuirán trípticos cun percorrido para facilitar a localización das obras e que o público non se deixe ningunha atrás. Unha edición que se completa este ano co “obralixo” unha proposta orientada aos máis pequenos que se desenvolverá na Alameda o martes a partir das seis da tarde co obxecto de que os rapaces elaboren tamén as súas propias obras artísticas. A sesión de clausura será unha Jam Sessión que o vernes convida a todos os que queiran interpretar algún tema musical se suban aos escenario que se instalará na pista de baloncesto.  

Javier Diéguez Artelixo
Falas das obras participantes
Obralixo
Unha actividade para os máis pequenos
Jam session
A música clausurará a mostra deste ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará