Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha carreira popular polo casco vello para celebrar o vinte aniversario de Lenda

RR_Noticias

A Asociación de Axuda ao Enfermo Psíquico Lenda organiza mañá venres a proba “Andar e Correr”, cun percorrido de 2 quilómetros polo casco vello de Redondela, con saída e meta na Praza Reveriano Soutullo, fronte á sede de Lenda. A inscrición é gratuíta e pode facerse a partires das 20.00 horas. A carreira popular comezará ás 21.00.

Jaime Figueroa, voceiro de Lenda, explica que a proba “non é competitiva” xa que o seu obxectivo é celebrar unha xornada lúdica, deportiva e de convivencia con veciños de todas as idades que queiran achegarse. Haberá animación musical e Lenda instalará un posto con bebidas para recadar fondos que sirvan para financiar este evento. Con esta actividade colaboran o Concello de Redondela, Cafetería Royalty, Café da Vila, Club Atletismo de Redondela CAR e a Tenda Susuela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará