Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detida unha veciña de Redondela por simular un roubo con violencia para estafar á aseguradora

RR_Noticias

A Policía nacional detén a unha muller de 54 anos de idade por ter denunciado a mediados do mes de agosto un roubo que nun existiu imputándolle unha simulación de delito. Os investigadores lograron demostras que o presunto roubo nunca existira e que a denuncia tiña como obxecto cobrar o importe da aseguradora.

Axentes do Corpo nacional da Policía detiveron a unha muller de 54 anos de idade veciña de Redondela como responsable dunha simulación de delito. Os feitos remóntanse ao pasado 13 de agosto cando a presunta vítima acudiu a Comisaría para denunciar que mentres camiñaba pola rúa Venezuela foi abordada por dous individuos que a empurraron e golpearon para arrebatarlle un bolso de man e unha bolsa con roupa que acababa de comprar para a continuación fuxir á carreira.
Logo dunha longa investigación a Policía Xudicial non logrou concretar nada comezando a sospeitar sobre a veracidade dos feitos denunciados. Chamaba a atención o feito de que vítima non tivera ningún tipo de lesión nin existirá testemuña algunha do feito nun lugar con tanta afluencia de persoas e vehículos. Finalmente descubriuse que a muller tiña extraviado o bolso mentres realizada unha compra e que tiña procedido a presentar unha denuncia para poder cobrar a indemnización do seguro.
Logo de aclarar o acontecido localizouse a presunta vítima e procedeuse a súa detención pasando a disposición do xulgado de instrucción de Vigo pro ser quen coñecía a causa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará