Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela anima aos veciños a participar no deseño do Plan Xeral de Urbanismo

RR_Noticias

Arranca o curso político e faino en Redondela coa presentación de “ideaRedondela” un proxecto que busca “implicar e dar a coñecer aos veciños o Plan Xeral de ordenación Municipal”. Un proceso de participación que arranca hoxe martes ás 20:30 horas cunha reunión no Multiusos da Xunqueira aberta a toda a cidadanía e que continuará coa celebración de roteiros, obradoiros didácticos e unha enquisa aberta a toda a poboación.

IdeaRedondela é a denominación escollida para o proxecto de participación veciñal que terá o seu comezo oficial hoxe 1 de setembro ás 20:30 h, no multiusos. O obxectivo desta iniciativa é facilitar aos veciños que poidan coñecer, formular dúbidas e achegar propostas que favorezan a mellora da actual situación urbanística marcada pola ausencia dun planeamento que regule o territorio. Así o explicaba a concelleira de urbanismo Carmen Amoedo, quen anima a colectivos e veciños a nivel particular a participar e achegarse a esta xuntanza na que estarán presentes membros do equipo redactor formado por JORNET LLOP PASTOR Arquitectes, empresa adxudicataria do proxecto. Por medio desta presentación didáctica ademais de revisar cal é a situación de partida en materia urbanística, explicaranse as distintas ferramentas de participación postas á disposición de veciños e veciñas, deseñadas co obxectivo de recoller as súas achegas en relación á mellora e ordenación do territorio. Ferramentas de participación tales como roteiros, obradoiros e unha enquisa aberta a toda a poboación. Daranse a coñecer ademais os medios a través dos cales se poderá intercambiar información como enviando dúbidas e propostas á dirección de correo electrónico creada para tal efecto, ou ben por medio do propio espazo posto en marcha na web do Concello e nas diferentes redes sociais (Facebook e Twitter). O equipo técnico será quen de recibir e avaliar as achegas da veciñanza, ao mesmo tempo que poderá ir xerando información sobre os avances na redacción do Plan.  

Carmen Amoedo Concelleira de Urbanismo
Un proxecto de participación aberto a toda a cidadanía
Ferramentas de participación
Obradoiros enquisas e contacto permanente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará