Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco golea ao Galicia Mugardos na súa estrea ligueira en Santa Mariña

RR_Noticias

O arranque de liga do novo Choco de Marcos Montes en Redondela foi espléndido, cunha cómoda vitoria ante un recén ascendido. Os tres puntos de onte, xunto co empate de Negreira, deixan ao equipo redondelán na cuarta praza da Terceira División, a dous puntos dos tres primeiros clasificados, Barco, Bouzas e Barbadás.

Malia o avultado marcador para o equipo local, foi o Mugardos o que dispuxo da primeira ocasión do encontro. Aínda non se chegara ao minuto dez cando a pericia de Cortegoso evitou o gol visitante. Foi nun nun man a man algo escorado contra un atacante do Mugardos tras unha perda de balón de Saúl. O partido mudou despois do descanso. Ao comezo da segunda parte un balón posto por Hugo propiciou que Yago, de cabeza, inaugurase o marcador. Ademais, a entrada no campo de Silva por Óscar acentuou o cambio na dinámica. O goleador redondelán desperdiciou unha primeira oportunidade clara pero emendou o erro cun fermoso tanto despois de desfacerse dun defensa. O Galicia Mugardos acusou moito os dous golpes recibidos, ao que se sumou a expulsión no minuto 65 de Delfín por dobre cartón amarelo. Con superioridade numérica, os pupilos de Marcos Montes aproveitaron para aumentar distancias con dous tiros cruzados desde a frontal de Comis que sentenciaron o encontro. Tras a vitoria de onte en Santa Mariña, e o empate logrado na primeira xornada do campionato, o Choco ocupa nestes momentos a cuarta posición do grupo, a dous puntos dos tres primeiros. O próximo fin de semana, os xogadores de Marcos Montes mídense ao Ordes, que segue sen gañar un partido e comeza a fundirse na clasificación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará