Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno para tratar os problemas das obras de ampliación da AP-9 trasládase a Chapela

RR_Noticias

A sesión plenaria extraordinaria, solicitada pola Asociación de Afectados polas obras da autoestrada previsto para hoxe venres ás 13.00 horas, celebrarase no Multiusos do Piñeiral do Crego, en Chapela.

Na moción presentada polos veciños de Chapela e Rande, afectados polas obras de ampliación, demandan a paralización dos traballos mentres o Ministerio de Fomento non cumpra cos seus compromisos. Esixen a resolución urxente dos expedientes de expropiación que aínda non foron resoltos, a convocatoria da Comisión de Seguemento das obras e unha reunión coa ministra Ana Pastor. Todos os grupos políticos redondeláns, tanto goberno como oposición, apoian as reivindicacións dos veciños. Mentres os veciños continúan coa paralización dos traballos no tramo entre a Igrexa de Chapela e o Instituto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará