Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Noite de misterio para mozos en Pazos de Borbén

RR_Noticias

O Concello de Pazos de Borbén organiza este venres unha nova actividade de lecer para mozos e mozas maiores de 10 anos. Trátase da velada “O misterio de Pazos de Borbén”, un xogo de procura e resolución de enigmas. Unha actividade gratuíta programada para as 22.30 horas na Praza do Concello para percorrer logo os montes de Borbén.

Calquera veciño maior de 10 anos pode participar nesta especial gynkana que se desenvolverá polos montes da parroquia de Borbén. Só terán que acudir ás 22:30 horas á Praza do Concello e unirse ao grupo cos monitores para comezar a procura. Ademais todos os participantes están convidados a unha chocolatada con churros.Os interesados en recibir máis información deberán dirixirse ás oficinas da Casa do Concello ou a través do teléfono 986 49 70 35.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará