Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita que Lenda e Andaina reciban os 12.000 euros non cobrados polos concelleiros

RR_Noticias

Nunha moción presentada polo grupo municipal do Bloque para o vindeiro pleno, demandan unha “reasignación” dos soldos que non foron cobrados polos concelleiros, tanto do goberno local como da oposición. No escrito presentado por Xoán Carlos González propón que as asociacións Lenda e Andaina sexan beneficiarias de máis de 12.000 euros.

Entenden desde o Bloque que ese remanente debe investirse nestes colectivos “que levan desenvolvendo unha actividade longa e continuada nos últimos anos en Redondela”. Segundo oas contas do BNG, tendo en conta o salario dos concelleiros do goberno, que se reduciu nun membro, e os días nos que se constituíu o executivo local, durante os que ningún edil cobrou, o aforro con respecto ao pasado ano será duns 12.000 euros. Consideran dende a organización nacionalista que estes cartos aforrados, non poden diluírse na xestión ordinaria do Concello, e demandan “que se concrete a finalidade dos mesmos a prol de entidades que están a desenvolver un importante labor en Redondela”. Destacan o papel da Asociación de Familiares de Enfermos Mentais Lenda, e da asociación de atención a menores con necesidades especiais, e familias, Andaina. Lenda, que acaba de cumprir 20 anos, a atende a 60 usuarios e o seu modelo de intervención “é un referente en toda Galicia”. Pola súa banda a Asociación Andaina, leva varios anos comprometéndose coa actividade a prol da divulgación das discapacidade, atención a rapaces e rapazas afectados, e apoio ás familias.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará